volver

Gonzacar e a MediaSan do Camiño, outro ano máis xunt@s

Os Concellos de O Pino e Santiago de Compostela organizarán o domingo 10 de Abril de 2016 a III edición da “MediaSan do Camiño”. O prazo para inscribirse xa está aberto: http://bit.ly/20lKPCP

Circuito:

A saída estará ubicada na localidade de Arca-Pedrouzo, derradeiro punto do Camiño de Santiago. A meta estará ubicada na Praza do Obradoiro en Santiago de Compostela e o circuito transcurrirá pola derradeira etapa do Camiño de Santiago. Os participantes deberán situarse na liña de Saída, na localidade de Arca-Pedrouzo, 10 minutos antes da hora prevista pola organización para a saída da carreira. A hora da saida da proba se producirá ás 10:00 horas da mañá.

Entrega de dorsal/chip e bolsa de corredor:

A entrega de dorsais/chip e bolsa de corredor realizarase con anterioridade na planta de deportes do Centro Comercial Compostela (El Corte Inglés - Hipercor) nos seguintes días e horarios:

  • Venres 08 de abril de 10:00 a 22:00 horas.
  • Sábado 09 de abril de 10:00 a 22:00 horas.

De xeito excepcional permitirase a recollida do dorsal/chip e bolsa de corredor o día da proba entre ás 08:30 e as 09:15 horas na Praza do Obradoiro (lugar de chegada da proba).

Servizos:

A organización porá a disposición dos participantes o servizo de gardarroupa na zona de meta e na saída que trasladará á zona de meta todo o depositado nel, servicio de duchas e autobuses para facilitar o traslado dos atletas desde o punto de meta á zona de SAIDA.OS AUTOBUSES SAIRÁN DESDE A DÁRSENA DE AUTOBUSES UBICADA NA AVENIDA DE XOAN XXIII CUNHA FRECUENCIA DE 15 MINUTOS A PARTIR DAS 08.15 HORAS DA MAÑÁ E EN DIRECCIÓN A ZONA DE SAÍDA. A DERRADEIRA SAIDA SERÁ AS 09.15 HORAS. PREGASE NON DEIXAR O TRANSPORTE PARA A ÚLTIMA VIAXE. Haberá servizo de duchas no polideportivo municipal de Lorenzo de La Torre desde ás 11.30 ata as 14.00 horas do mediodía.

Premios en metálico individuais:

Absoluta homes/mulleres 1º/ª Trofeo e 400 €Absoluta homes/mulleres 2º/ª Trofeo e 250 €Absoluta homes/mulleres 3º/ª Trofeo e 150 €Absoluta homes/mulleres 4º/ª 100 €Absoluta homes/mulleres 5º/ª 75 €Absoluta homes/mulleres 6º/ª 50 €

Premios a clubes federados:

Establecerase pola suma dos postos dos 6 primeiros clasificados do clube. Deberán rellenar a opción de

“Participa na clasificación de clubes”

no formulario de inscrición individual de cada un dos compoñentes do clube. Nesta clasificación só poderán tomar parte os clubes federados no deporte do atletismo con atletas con licencia federativa en vigor, feito que se comprobará unha vez remate o prazo de inscrición da proba. Clubes Absoluta 1º Trofeo e 300 €Clubes Absoluta 2º Trofeo e 200 €Clubes Absoluta 3º Trofeo e 100 €

Agasallo “finisher”:

Todos os participantes que logren rematar a proba recibirán un agasallo de organización “finisher”. Este obsequio será personalizado da MediaSan do Camiño 2016.

Solicitar información

Reserve su cita en el taller

de la manera más fácil

Solicitar cita ahora

Ofertas

Vendido Ford Nuevo S-MAX 2.0 TDCi 110kW (150CV) Titanium
Ford Nuevo S-MAX 2.0 TDCi 110kW (150CV) Titanium
KM: 0 | Año 2017
28.900 € 26.900 € *PVP con IVA incluido
ver más
Ford Ranger DOBLE CABINA XLT LIMITED 2.2 TDCi 4x4 Aut. 118KW (160CV) E6
Ford Ranger DOBLE CABINA XLT LIMITED 2.2 TDCi 4x4 Aut. 118KW (160CV) E6
KM: 11.600 | Año 2017
22.727 € *PVP sin impuestos
ver más
El tiempo es un lujo porque viene de serie
El tiempo es un lujo porque viene de serie
Gama Ford Vignale
ver más
FordPass
FordPass
La mejor forma de moverse
ver más
Carrocería
Carrocería
Renovamos tu Ford para que disfrutes de tu coche como nuevo.
ver más