volver

FordStore en Santiago de Compostela, unha nova experiencia na compra dun vehículo!

Acceder a un FordStore para adquirir un vehículo é, simplemente, vivir unha nova experiencia. Ford leva o concepto de concesionario a unha nova dimensión para que o cliente coñeza a marca en toda a súa magnitude, nun ambiente exclusivo, e cos últimos sistemas informáticos. Ford Store é moito máis que un concesionario: é unha nova forma de descubrir, entender, experimentar, comprar e gozar de todos e cada un dos produtos da gama Ford, así como os servizos que leva unha adquisición. Aquí un pode atopar a toda a familia de modelos Ford, de entre os que destacarán o exclusivo Mondeo Vignale, xa dispoñible, o Ford Mustang ou o novo Ford Focus RS que se agarda a partir do mes de marzo de 2016. E a cousa non queda aquí posto que tamén terán cabida vehículos tan versátiles como o novo Ford Transit Connect.

O punto de partida para coñecer este novo concepto de concesionario foi Barcelona, onde se abriu o primeiro FordStore do Vello Continente. Aos poucos, o concepto expandiuse polo resto do país e xa se poden visitar en Madrid, Sevilla , Valencia, Zaragoza, Pamplona e Santiago de Compostela, e o próximo ano o grupo ampliarase ata os 40 centros. Os plans para Europa pasan por sumar 200 centros Ford Store a finais do presente ano, e preténdese alcanzar o medio milleiro a finais de 2016.

A comunicación dixital, as pantallas táctiles e mesmo a realidade aumentada levan o proceso de compra dun coche a un novo nivel. Nos FordStores podemos configurar o noso vehículo nunha tablet, e velo representado en videowalls para comprobar como queda o noso modelo unha vez elixido . O obxectivo é que o cliente coñeza en profundidade como será o seu coche unha vez o reciba, en lugar de ter que facerse unha idea de como quedaría como sucedía ata agora.

Ademais, tamén conta con tecnoloxía suficiente como para configurar o produto desde casa, mediante o noso computador particular. O novo concepto de FordStore combina a relación inmediata e personalizada, e a comunicación dixital, coa proximidade e trato directo do concesionario físico. Vistade o noso FordStore en Compostela! Estamos na Avda. Cruceiro da Coruña 236. 15890 Santiago de Compostela (A Coruña)

Solicitar información

Reserve su cita en el taller

de la manera más fácil

Solicitar cita ahora

Ofertas

Ford Ranger DOBLE CABINA XLT LIMITED 2.2 TDCi 4x4 Aut. 118KW (160CV) E6
Ford Ranger DOBLE CABINA XLT LIMITED 2.2 TDCi 4x4 Aut. 118KW (160CV) E6
KM: 11.600 | Año 2017
22.727 € *PVP sin impuestos
ver más
Vendido Ford Nuevo S-MAX 2.0 TDCi 110kW (150CV) Titanium
Ford Nuevo S-MAX 2.0 TDCi 110kW (150CV) Titanium
KM: 0 | Año 2017
28.900 € 26.900 € *PVP con IVA incluido
ver más
El tiempo es un lujo porque viene de serie
El tiempo es un lujo porque viene de serie
Gama Ford Vignale
ver más
Mantenimiento Ford Motorcraft
Mantenimiento Ford Motorcraft
Un servicio de competición a un precio para ti
ver más
Pastillas de freno
Pastillas de freno
Echa el freno a la inseguridad. Siente la máxima tranquilidad con las pastillas de freno Motorcraft y disfruta de un descuento de hasta 41€
ver más